Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nove actividades compoñen este trimestre o programa "Preto de ti" da Concellería de Igualdade e Benestar Social


# Mércores, 28/04/2010


Imaxe Asociada

O programa “Preto de ti” da Concellería de Igualdade e Benestar Social ten programadas para este trimestre nove obradoiros, charlas e actividades para asociacións, familias, xuventude e infancia.

Nesta segunda parte do programa “Preto de ti” as actividades fanse extensivas ó movemento asociativo, por ser motor de integración da cidadanía e de transmisión de valores, e tamén ás familias, á xuventude e á infancia.

As actividades adicadas ás asociacións, que comezaron o día 22 de abril cunha charla sobre creación de asociacións, inclúen ademais o obradoiro formativo “Xestión de subvencións: traballo en grupo, elaboración de proxectos”, que se desenvolverá mañá, xoves, e o venres día 30, na Casa da Muller. Para o xoves 13 de maio está programada unha charla sobre “Conciencia de igualdade no movemento asociativo”, que vai impartir a traballadora social da Casa da Muller Mari Teijeiro González no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Tamén haberá outra actividade sobre “Os contos que nos contaron: visualización dos estereotipos de xénero nos contos infantís”. Terá lugar o 5 de maio e o 2 de xuño no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Para a infancia está programada “Cóntame unha conta: contacontos para medrar en igualdade”, os días 5 e 19 de maio, 2 e 16 de xuño.

Ademais o programa “Preto de ti” inclúe actividades para a xuventude como “A Bela e a Besta, análise da transmisión cultural dos modelos amorosos”, que se vai celebrar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e na Casa da Música. Outras actividades previstas son “Positividade coa música”, o obradoiro “Muller autónoma e independente” e unha charla para homes pola igualdade titulada “Homes de Lugo en proceso de cambio”.

Nove actividades compoñen este trimestre o programa “Preto de ti” da Concellería de Igualdade e Benestar Social

http://www.lugo.es/ws/casadamuller

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova