Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 11.000 persoas foron atendidas polos servizos de atención primaria do Concello de Lugo no 2009


# Xoves, 29/04/2010
O programa de Emerxencia Social investiu 85.718 euros en axudas o ano pasado

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, fixo hoxe balance das atencións realizadas polos servizos sociais do Concello de Lugo no ano 2009.

Basadre explicou que se atenderon un total de 10.847 persoas en atención primaria nos seis centros de convivencia municipais (2.000 máis que no 2008), sendo o 68´58% mulleres e o 31´42% homes. Segundo as idades, a maioría dos usuarios e usuarias están entre os 30 e os 64 anos (47´75%), seguidos polos maiores de 65 anos (40´92%) e entre 17 e 29 anos (10´14%). A maioría das persoas que utilizan os servizos de atención son de procedencia urbana, o 90´01%, fronte ao rural que representa o 9´34%.

A Concelleira destacou que en total foron 40.990 actuacións as realizadas pola atención primaria dos Centros de Convivencia. Un 75´86% dos casos atendidos xa tiñan un expediente aberto. No tocante as problemáticas presentadas polos usuarios e usuarias a maioría é por insuficiencia de recursos económicos, seguidas polas relativas a persoas maiores e as relacionadas con xestión de documentación. Outras demandas significativas son as relacionadas coas discapacidades, saúde e emprego.

A edil de Benestar Social e Igualdade destacou o aumento de cifras do servizo de axuda no fogar que no 2009 contou con 2.444 solicitudes e no 2008 1.239.

Emerxencia Social
O programa de axudas de Emerxencia Social, posto en marcha pola Concellería de Muller e Benestar Social, atendeu a 765 persoas ao longo do ano 2009 (50 máis que no 2008), das que 195 eran homes e 570 mulleres.

A Concelleira explicou que “o programa de axudas de emerxencia social fundaméntase no acaecemento de feitos imprevisibles e de atención urxente, e pretende dar resposta a situacións de necesidades en cuestións básicas como a alimentación, o vestiario, os gastos farmacéuticos ou sanitarios, ou os gastos escolares”.

Os principais beneficiarios destas axudas do fondo de Emerxencia Social correspóndense cos grupos de desempregados, maiores perceptores de pensións non contributivas, inmigrantes, membros do colectivo xitano e mulleres con menores ao seu cargo.

Ao longo do ano 2009, o Concello de Lugo adicou a este programa de axudas 85.718 euros, o que supón un incremento de 7.000 euros con respecto ao ano anterior.

A Concelleira explicou que “no primeiro trimestre do 2010 aumentou o investimento en emerxencia social nun total de 3.000 euros en relación co 2009”.

O Centro de Convivencia da Milagrosa e o de Lamas de Prado foron os centros que máis persoas atenderon, mentres que o Centro de Fingoi foi o que menos persoas atendeu .

Segundo a distribución dos gastos a maioría destináronse a alugueres, alimentación, gastos de mantemento de vivendas e gastos farmacéuticos.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova