Imprimir

A JUDOKA LUCENSE PAULA BARJA COMPITE ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE JUDO


29/4/2010 A deportista proclamouse campiona galega no campionato autonómico celebrado en Lugo

Mañá venres, 30 de abril, comeza en Salamanca o Campionato Escolar de Judo para categorías Infantil e Cadete. Nesta competición participará a judoka lucense Paula Barja do Club Judo Lugo con moitas aspiracións a colgarse unha medalla.

Paula Barja é deportista da canteira do Judo Lugo proclamouse campiona galega na categoría cadete na competición celebrada en Lugo.

Esta tempada o club conseguiu situar en campionatos nacionais a 7 deportistas lucenses cuns resultados finais dunha medalla de prata, conseguida por Miguel Sanjurjo en categoría sub 20 e dous 5º puestos.