Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa en FEMAGA 2010 cun stand do Espazo>Lab e do CEI-Nodus


# Xoves, 29/04/2010
A feira de Autónomos terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos entre o 30 de abril e o 2 de maio

O Concello de Lugo participa na feira de Muestras de Lugo FEMAGA 2010, Feira dos Autónomos de Galicia, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 30 de abril ao 2 de maio de 2010.

O stand do Concello contará con dúas zonas:

- Unha do Espazo Lab, Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo, no que se fará publicidade dos servizos que se ofrecen e as actividades que se desenvolven no centro, así como do proxecto de emprego que está a executar actualmente, Lugo Emprego Activo que ten como un dos seus pilares o fomento do autoemprego entre os beneficiarios do programa. O proxecto está financiado polo Fondo Social Europeo. Así mesmo farase publicidad do Centro de Información europea Europe Direct ubicado no Espazo Lab, que e un dos tres centros que existen en Galicia.

- Outra parte estará dedicada ao Centro de Empresas e Innovación, explicando os servizos que ofrece e información das empresas que creadas ao seu amparo.
Ademais, todos os que se acheguen ata o stand coñeceran os obxectivos marcados polo Concello para este centro como foco da promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nunha contorna idóneo para a xeración de novas iniciativas. Así, combínanse as infraestruturas coa asesoría técnica para facilitar o arranque e a consolidación de proxectos empresariais.

A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo.

Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

cei.lugo.es

www.lugo.es/espazolab

 

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova