Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A DXT cede ao Concello de Lugo un vehículo con etilómetro


# Venres, 30/04/2010
O obxectivo é reducir as tasas de mortalidade polos accidentes de tráfico baixo os efectos do alcol

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo e a Dirección Xeral de Tráfico asinaron esta mañá un convenio de cooperación en materia de vixilancia e control dos niveis de alcoholemia nas vías públicas urbanas. Para isto, a DXT cede temporalmente á Policía Local de Lugo un vehículo con etilómetro.

O Alcalde afirmou que “a cidadanía non debe ver neste vehículo un ánimo de recadar senón unha ferramenta para axudar aos conductores a recordar o importante que é a prudencia e a necesidade de cumplir as medidas de seguridade viaria”, e engadiu “é un utensilio para garantir a seguridade de todos os cidadáns dotado dos mecanismos máis modernos para realizar as probas de alcolemia”.

A DXT facilitará ao Concello material funxible preciso para a realización dos controis de alcolemia como boquillas, cinta de impresora e rollo de papel, líquido para libraciones... Ademais, a Xefatura de Tráfico comprometeuse a reparar as avarías que puidera sufrir o etilómetro, así como a realización das operacións de control metrolóxico.

Pola súa banda o Concello realizará controis de alcolemia utilizando o etilómetro e remitindo á Xefatura Provincial de Tráfico toda a información resultante das campañas que se teñan efectuado. Enviaranse as resolucións firmes dos expedientes sancionadores correspondentes ás infraccións cualificadas como moi graves por condución baixo os efectos de bebidas alcólicas, que levan aparellada a suspensión do permiso de conducir.

Ademais, o Concello correrá cos gastos derivados da utilización, conservación e mantemento do vehículo.

É unha grata noticia para a cidade para evitar as altas tasas de morte nas estradas por conducir baixo os efectos do alcol. Os estudos de accidentalidade e comportamento da circulación realizados nas vías urbanas, demostran a significativa participación que os excesos de alcol nos condutores teñen na produción de accidentes como na conflitividade do tráfico. Segundo estes datos faise totalmente necesario vixiar e controlar os niveis de alcolemia no ámbito local co obxecto de incrementar as cotas de seguridade vial.

Datos:
No primeiro trimestre do ano 2010 ( xaneiro -marzo ) realizaronse un total de 131 probas de alcolemia por parte da Policía Local, das que 22 deron resultado positivo en diferentes puntos da cidade.

Segundo indicou o Xefe Provincial de Tráfico, Lugo pasou o ano 2009 a ser a provincia galega onde menos positivos por alcolemia se constataron, un 0´98% foron positivos, e “por iso dotamos ao Concello de Lugo deste vehículo para continuar diminuíndo a tasa de alcolemia ao volante”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova