Imprimir

O CONCELLO PROXECTA COMUNICAR O NOVO HOSPITAL CON DÚAS LIÑAS DE AUTOBUSES QUE SAIRÁN CADA 25 MINUTOS


30/4/2010

O Concello proxecta comunicar o novo Hospital con dúas liñas de autobuses que terán unha frecuencia de 25 minutos.

Esta é a proposta de transporte público ó novo Hospital que vai plantexar o Goberno local na vindeira xuntanza do Foro da Mobilidade, que terá lugar o xoves día 6 de maio. O Concelleiro de Tráfico, Xosé Rábade, informou da proposta hoxe trala reunión da Xunta de voceiros do Concello.

Segundo explicou Rábade, as dúas liñas de autobuses sairán da ronda da Muralla e farán distinto recorrido despois de pasar a vía do tren, un circulará por Carlos Azcárraga e outro farao polas Gándaras.

O Concelleiro indicou que a proposta do Goberno local conta co acordo do BNG mentres que ó PP “parécelle insuficiente pero non presentou ningunha alternativa”.