Imprimir

O CONCELLO DE LUGO SOLICITARÁ Á XUNTA DE GALICIA QUE NON SUPRIMA O SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE


3/5/2010 O Foro de Igualdade decidiu enviar un escrito ao parlamento Galego e ao Presidente da Xunta

O Foro de Igualdade do Concello de Lugo, presidido pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, celebrou esta mañá unha xuntanza extraordinaria para tratar un único tema: a supresión do Servizo Galego de Igualdade.

O Foro decidiu, con 11 votos a favor, un en contra (da representante do Grupo Municipal do PP) e unha abstención, enviar ao Parlamento Galego e ao Presidente da Xunta de Galicia un escrito coa petición de que no se suprima este servizo.

O argumento proposto polos membros do Foro de Igualdade de Lugo é que o organismo garante as diferentes políticas de igualdade en Galicia, con independencia do Goberno que en cada momento estea na presidencia autonómica. Trátase dun organismo de apoio, de estudo, de axudas e sen ideoloxía política.