Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A programación de Preto de Ti traballará os estereotipos de xénero a través dos contos infantís


# Luns, 03/05/2010
As actividades terán lugar o mércores 5 de maio ás 19.00 horas

Imaxe Asociada

A programación de Preto de Ti, organizada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre contará este mércores 5 de maio con dúas actividades dirixidas a familias con nenos e nenas de 7 a 10 anos.

A primeira delas é a actividade de contos para medrar en igualdade na que se traballará sobre o libro Aitor tiene dos mamás. A segunda será Os contos que nos contaron, para visualizar os estereotipos de xénero nos contos infantís.

As actividades terán lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo ás 19.00 horas e contan cun aforo limitado de 15 prazas polo que os interesados deben reservar a súa entrada chamando ao 982 297 412.

Axenda do programa Preto de Ti!!

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova