Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

350 rapaces e rapazas participarán no XI Torneo Prebenxamíns de Fútbol Sala


# Martes, 04/05/2010
A competición comeza o 8 de maio e remata o 12 de xuño

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Salón de Actos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación do XI Torneo de Escola Terra de Fútbol Sala organizado pola Fundación Azkar xunto con Prone Lugo e a Escola de fútbol sala Terra e no cal colabora a Concellería de Deportes do Concello de Lugo.

O Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, o Xerente da Fundación Azkar, Oscar Hermida, o responsable da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, o Delegado da Secretaría Xeral para o Deporte, José Manuel Rozas, e a Directora de Transportes Azkar en Lugo, Fina López, foron os encargados de realizar a presentación deste torneo que se desenvolverá en catro sábados de catro fines de semana seguidos: o 8, 15, 22 e 29 de maio. En xuño serán o martes 8 e o sábado 12 as datas da competición.

Díaz Grandío mostrou a súa satisfacción por "presentar a décimo primeira edición desta competición que naceu como unha aposta importante polo deporte de base e que ano a ano se foi consolidando ", e engadiu que “é unha gran oportunidade para que os pequenos e pequenas disfruten das xornadas, do deporte, e que os maiores difrutemos deles”.

Este Torneo dispútano os nenos e nenas nados nos anos 2002, 2003 e 2004, e en total serán 30 os equipos que participen, dous máis que na pasada edición, de Lugo capital e provincia e da provincia da Coruña; o que suman un total de 350 nenos e nenas.

O Torneo celebrarase en dúas instalacións: Centro Deportivo Terra e o pavillón do Palomar. Os partidos terán unha duración de catro tempos de 10 minutos salvo na fase final da 1ª división que terá un único tempo de 15 minutos. En total entre todo o torneo disputaranse 90 partidos.

As novas, os calendarios, os resultados e todo o relacionado co torneo poderá seguirse a través da web oficial do club www.pronelugoad.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova