Cargando....
Concello de Lugo
09/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visita o autobús da selección española de fútbol


# Mércores, 05/05/2010
López Orozco, Díaz Grandío e Rábade asinaron na lona de apoio ao equipo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Autobús da Selección Española de Fútbol de Banesto chegou esta mañá a Lugo dentro da xira que está a realizar por toda España en apoio á “Roja” no próximo Mundial de Sudáfrica.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Voceiro Municipal, José Rábade, visitaron o autobús para mostrar o seu apoio á selección e asinar nas pancartas de recollida de firmas. O obxectivo é chegar ao millón de firmas que formarán unha lona xigante que cubrirá o campo de fútbol de entrenamento do equipo na Cidade do fútbol das Rozas (Madrid).

O Alcalde animou a todos os lucenses a mostrar o seu apoio á selección e desexou que o equipo acade os mellores éxitos deportivos no Mundial .

Todos os que visiten o autobús terán a oportunidade de ver en directo a copa de Europa conseguida pola selección no 2008, recibir algún agasallo e sacarse unha foto como un xogador máis do equipo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova