Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE A UN GRUPO DE PREXUBILADOS DE ASTANO


5/5/2010 Os visitantes percorreron a Muralla e visitaron os museos da cidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a un grupo de 30 prexubilados de Astano procedentes de Fene, Neda e Pontedeume.

O grupo explicou ao Alcalde que cada ano realizan unha viaxe e este ano percorren Lugo para pasear pola Muralla, visitar os museos e o Castro de Viladonga.

O Alcalde agradeceu a súa visita e informoulles de que “este ano estamos a celebrar o Décimo Aniversario como Patrimonio Mundial da Muralla”. Ademais, explicou que desde principios do século XX existe unha relación moi especial entre Ferrol e Lugo.

López Orozco indicou as importantes liñas de comunicación abertas nos últimos anos entre os ferroláns e os lucenses e que servirán para aproveitar o desenvolvemento económico que poden fomentar e unir aínda máis os lazos entre as poboacións.

Como recordo da súa visita o Alcalde entregou a cada un deles un libro do San Froilán dos devanceiros e unha pequena guía de Lugo.