Imprimir

O ALCALDE DE LUGO CONVIDADO A PRESENTAR NUN FORO DE GOBERNOS LOCAIS OS RESULTADOS DO CUMIO CONTRA AS DROGAS


5/5/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentará en Vitoria as conclusións do Cumio de alcaldes, alcaldesas e cidades contra a droga celebrado na nosa cidade. Orozco foi invitado polo Alcalde de Vitoria e o Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias a participar no II Foro de Gobernos Locais da Unión Europea, América Latina e Caribe.

Este Foro de Gobernos Locais, que precederá ó Cumio de Xefes de Estado e de Goberno e forma parte da axenda oficial da Presidencia Española da Unión Europea, vaise celebrar ata o venres. Ese día vai ser cando interveña no Encontro o Alcalde de Lugo para presentar as conclusións do Cumio contra a droga que tivo lugar na nosa cidade no mes de abril.

Desque se celebrou o Cumio de alcaldes, alcaldesas e cidades sobre Drogas, Europa, América Latina e Caribe, o Concello recibiu numerosos escritos de felicitación e agradecemento de autoridades e organismos que participaron la xuntanza. Unha das últimas foi remitida polo CARICOM, organismo que agrupa ós países do Caribe.

www.cumbrelugo.org