Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A nova Concelleira de Cultura quere impulsar a colaboración con Turismo e coas Asociacións Culturais


# Mércores, 05/05/2010


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou a preparación e capacidade de traballo da nova Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, que compareceu hoxe por primeira vez diante dos medios de comunicación nunha rolda de prensa na que Mundiña anunciou que vai continuar o labor realizado polo equipo de Goberno e a súa antecesora, Concepción Burgo.

Mundiña tamén sinalou que se propón “facer un seguimento dos compromisos adquiridos pola Xunta coa cidade, tanto dos prazos de execución como de que se cumpre co prometido”.

A nova Concelleira dixo que “en relación coas outras cidades, a calidade da vida cultural de Lugo é boa” e sinalou que traballará para mantelo “a pesares das limitacións económicas actuais”. Anunciou tamén a importancia de manter a coordinación entre os departamentos de Cultura e Turismo así como o seu propósito de impulsar a colaboración coas asociacións culturais.

Tocante á programación do San Froilán, Nuria Mundiña salientou que “xa están pechadas as bases e a partir de agora empezarase a negociar con máis intensidade”. Tamén sinalou que “hai que contar coa variable da situación económica na programación pero tamén lles afecta ós provedores, de xeito que a cuestión é saber negociar”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova