Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello investiu 6 millóns de euros o ano pasado no medio rural


# Xoves, 06/05/2010


Imaxe Asociada

O Concello de Lugo investiu case 6 millóns de euros no medio rural no ano 2009. Os datos foron facilitados esta mañá polos concelleiros de Benestar Social, Carmen Basadre, e Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso.

O investimento total foi de 5.919.180,37 euros que se adicaron ós centros dinamización de Coeses, Bóveda, San Xoán do Campo e Calde, a realización de actividades, adquisición de mobiliario para as escolas rurais de Rubiás, S. Pedro de Mera e Santa Comba; a mellora da rodadura de camiños e pista incluídas no plan FEIL, a rehabilitación de escolas, lavadeiros, fontes e pontes, diversas reparacións, melloras en camións, alumeado público e a instalación de wifi nas escolas rurais.

A Concelleira de Benestar Social salientou que o Concello “fixo un esforzo para investir non só nunha parroquia senón na totalidade do medio rural, sen excluír ningunha” debido “o convencemento do equipo de Goberno de que os veciños do medio rural deben ter igual acceso ós servizos ca os da cidade”.

Carmen Basadre tamén defendeu o proxecto presentado por veciños da parroquia de Coeses que foi subvencionado por Agader. A Concelleira cualificou de “incrible que un grupo político vaia encontra dunha solicitude feita polos veciños” e lembrou que o Concello limitouse a tramitar a axuda que pediron. Tamén dixo que lle parece “estupendo que os veciños do rural teñan iniciativas para tratar de vivir mellor” e considerou necesario “fomentar a iniciativa dos veciños” ademais de que “en tempo de crise hai que aproveitar todas as subvencións públicas”.

Nova área de rehabilitación integral

Pola súa parte o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, informou de que o Concello está a facer unha enquisa entre os veciños das 14 parroquias do Camiño de Santiago previa á posible declaración como Área de Rehabilitación Integral. Esta figura, coa que xa contan o casco urbano e o Sagrado Corazón, supón que os veciños poden optar a axudas para arranxar as súas vivendas, a través dun fondo no que fan aportacións a Xunta e o Goberno central.

González Dopeso salientou que o IGVS encargoulle facer esa enquisa ó Concello “e estámola facendo, aínda que non é a nosa competencia” e o encargo ten “acompañamento presupostario 0”.

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova