Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE A UN GRUPO DE 50 XUBILADOS DA PARROQUIA ASTURIANA DE COLOMBRES


6/5/2010 Entregoulles un libro da Semana Santa lucense como recordo da súa visita

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de 50 xubilados da parroquia de Colombres (Asturias) que están a visitar a cidade.

O Alcalde explicoulles os diferentes elementos dos monumentos que poden visitar na cidade como a Catedral ou a Muralla Romana. López Orozco indicoulles que a Muralla cumpre 10 anos como Patrimonio Mundial e que por iso o Concello preparou un programa de celebración baixo o nome de Lugo10.

O mandatario lucense aproveitou tamén a ocasión para afirmar que todos os visitantes son recibidos con amabilidade polos lucenses cando chegan a cidade e desexoulles que disfruten da súa estancia en Lugo.

Como recordo da súa visita o Alcalde entregou aos visitantes asturianos un libro editado polo Concello sobre a Semana Santa de Lugo.

www.lugo10.es