Cargando....
Concello de Lugo
27/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O proxecto Abred, a un clic da escola do Concello de Lugo, galardoado por red.es co premio Chavales


# Xoves, 06/05/2010
Trátase dunha proposta educativa pioneira en España

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo foi galardoado pola axencia de comunicación red.es co premio á mellor iniciativa pública TIC polo proxecto Abred, a un clic da escola promovido pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela.

A Concelleira recibiu o premio Chavales en nome do Concello de Lugo nun acto que tivo lugar esta mañá en Madrid no salón de actos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información .

Os galardoes foron creados para recoñecer as mellores prácticas das Tecnoloxías da Información e da Comunicación dirixidas a fomentar o uso seguro de Internet entre os máis pequenos. En total, entregáronse 8 premios, dous por cada categoría: mellor site infantil, mellor site educativo, mellor iniciativa privada TIC e mellor iniciativa pública TIC. Para seleccionar aos premiados utilizouse unha primeira votación popular entre os usuarios do portal chaval.es e unha segunda realizada por un comité de expertos.

O proxecto Abred desenvolveuse, dentro do Proxecto global “Lugo dixital”, como unha proposta pedagóxico-educativa, pioneira en España. Trátase dunha plataforma tecnolóxica dotada de contidos educativos, coa que os cativos e cativas que por mor dunha hospitalización ou convalecencia por enfermidade ven interrompido o seu ritmo escolar, poden continuar coa súa rutina escolar. Esta formación realízase mediante actividades e contidos educativos e pedagóxicos adaptados e adaptables aos distintos niveis educativos, de aprendizaxe, evitando así os prexuízos da súa situación no seu rendemento escolar.

O proxecto posibilita, ademais, a coordinación de actividades cos seus mestres, cos que poderá seguir en contacto a través de videoconferencias, correo electrónico, foros, etc. Abred constitúese así como un soporte tecnolóxico e organizativo excepcional que garante a continuación do proceso educativo de todos os estudantes.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova