Imprimir

ESGOTADAS AS BOTELLAS DE COCA-COLA DA MURALLA QUE SE REPARTIRON NOS MUSEOS DA CIDADE


6/5/2010

Os museos de Lugo esgotaron xa as botellas de Coca-Cola conmemorativas do décimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial, nunha iniciativa que levan a cabo o Concello, a través de Lugo10, e a empresa Begano.

Case 200 botellas do popular refresco repartíronse dende o luns no Centro de Interpretación da Muralla, no Museo de San Roque e na Casa dos Mosaicos. A maioría foron entregadas a lucenses que visitaron os museos expresamente para poder facerse con algunha das botellas pero tamén se fixeron con elas grupos de visitantes doutros lugares de España e estranxeiros que descoñecían a iniciativa. Así un grupo de visitantes de Canarias amosáronse gratamente sorprendidos ó ser agasallados coas botellas do refresco de cola que promocionan a Muralla de Lugo.

A empresa Begano colabora coa difusión da Muralla nesta iniciativa que puxeron en marcha en colaboración con Lugo10 que supuxo unha tirada inicial de 3.000 botellas de Coca-Cola envoltas nunha etiqueta coa Muralla de Lugo.

www.lugo10.es