Cargando....
Concello de Lugo
27/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre o prazo para solicitar as subvencións dos proxectos de cooperación e sensibilización para o desenvolvemento


# Venres, 07/05/2010
O orzamento total para estas axudas é de 90.000 euros

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, dirixida por Carmen Basadre, destinará un total de 90.000 euros para subvencionar proxectos de cooperación e desenvolvemento no 2010.

O obxectivo do equipo de Goberno é dedicar unha pequena axuda a outros países, para que nenos e nenas, homes e mulleres poidan ter unha vida mellor nas sociedades máis desfavorecidas.

A finalidade dos proxectos de cooperación e sensibilización é que contribúan a atender as necesidades básicas da poboación: alimentación, vivenda, saúde, educación, implantación de novas infraestruturas, etc. Así como executar accións de sensibilización, información e educación para o desenvolvemento.

Para a concesión destas axudas téñense en conta os seguintes supostos:

1.- Para os proxectos de cooperación ao desenvolvemento:

- Que sexan proxectos a desenvolver en África.
- Dirixidos á mellora da rede de subministros de auga, construción de pozos e saneamento.
- Dirixidos a mellorar a educación da poboación da zona de intervención.
- Que incorporen a perspectiva de xénero como forma de traballo impulsando a autonomía e poder de decisión das mulleres así como a concienciación dos homes na igualdade de xénero.
- Que dean participación á poboación beneficiaria dende a súa elaboración e deseño ata a súa execución e avaliación.
- Que dean continuidade aos proxectos anteriores.


2.- Para os proxectos de sensibilización social:

- Que fomenten os valores de solidariedade, comercio xusto, consumo responsable, defensa dos dereitos humanos e valores medioambientais.
- Que repercuta na maior cantidade da poboación mellorando os seus recursos.
- Que fomente a crítica ás desigualdades.
- Que dean a coñecer a realidade dos países máis desfavorecidos e das causas que xeran pobreza e que defendan especialmente a situación da infancia, muller, xuventude, indíxenas, refuxiados e desprazados.
- Que fomente a formación de voluntarios así como a participación activa dos cidadáns ou colectivos destinatarios

As adxudicatarias destas axudas deberán realizar unha memoria xustificativa destes proxectos nos que deberán aportar elementos cos que se poida comprobar que se están a realizar.

O prazo para solicitar estas axudas será dun mes, polo tanto estará aberto ata o 5 de xuño.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova