Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Fundación Cumulum organizan un programa de inclusión pola arte


# Venres, 07/05/2010
As actividades desenvolveranse no Centro de Convivencia Maruja Mallo

O Concello de Lugo colabora coa Fundación Cumulum nun programa de Inclusión polo Arte en España que terá lugar hoxe venres 7 de maio e mañá sábado día 8. O programa está destinado a persoas con e sen discapacidade e a profesionais das artes e da saúde.

O Centro de Convivencia Maruja Mallo acolle ás 20.00 horas unha charla baixo o título 30 anos de inclusión a través da arte. O obxectivo é difundir experiencias inclusivas exitosas sinalando os fundamentos de valor como a inserción na arte cunha discapacidade visual, os talleres para persoas con o sen discapacidade e as obras escénicas.

Mañá sábado, no mesmo centro municipal, terá lugar un taller e mostra sobre o método de danza integrada DanceAbility. O obxectivo deste obradoiro é xerar unha conclusión escénica que amosa a comunicación corporal acadada a partir do recoñecemento do propio movemento, as súas diversas características e potencialidades expresivas.

O taller terá unha duración de catro horas, entre as 10.00 e as 14.00 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova