Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca o Corpus dos nenos cun espectáculo de música e monicreques sobre Hansel e Gretel


# Venres, 07/05/2010
A cita englóbase na programación do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus organizado polo Concello

O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus, organizado polo Concello de Lugo, continúa esta fin de semana cun concerto que inaugura o Corpus dos Nenos, o sábado 8 de maio no Círculo das Artes a partir das 18.00 horas.

O ciclo dos tres concertos familiares arrinca co espectáculo de títeres e música baixo o título de Hansel e Gretel. A actuación correrá a cargo do quinteto de ventos Pentafonía e da compañía de monicreques Seisdedos.

A música ilustrará este coñecido conto infantil recomendado para nenos a partir de 5 anos.

As seguintes citas do Corpus dos Nenos serán: conto musical Kashmir rumbo a… Lugo a cargo do grupo medieval Evo (22 de maio) e o espectáculo A caixa de música protagonizado por Viravolta títeres (29 de maio).

Como é habitual no festival, a entrada para todos concertos é gratuíta ata completar o aforo das salas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova