Imprimir

REMATA A SEMANA DO COMERCIO XUSTO CUNHA XINCANA DE TALLERES E OBRAS DE TEATRO


8/5/2010 O Alcalde e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade visitaron as actividades

Durante esta semana víñose celebrando a semana do Comercio Xusto organizada por A Cova da Terra que contou coa colaboración do Concello de Lugo. Hoxe, sábado 8 de maio o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre visitaron as actividades organizadas para a xornada na Praza Maior.

A partir das 11.00 horas houbo diferentes postos de comercio xusto, degustación de produtos, concursos de debuxo e obradoiros para nenos e nenas.

Ás 12.30 e ás 18.30 horas houbo unha xincana de talleres e funcións de teatro ás 12.00, 13.30 e 18.00 horas.