Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza unha xuntanza para promover a madeira galega no mobiliario das terrazas


# Venres, 07/05/2010


O Concello organiza unha xuntanza con hostaleiros para promover o uso de madeira galega no mobiliario das terrazas.

Co obxectivo de estimular o sector galego da madeira e tamén a hostalería local, o Concello levará a cabo unha reunión para difundir as vantaxes do uso de madeira galega nas terrazas. Esta actuación está incluída no Proxecto URBAN (Iniciativa URBANA) do Concello de Lugo, que conta cun 70% de cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) DA Unión Europea.

A reunión terá lugar o martes día 11 de maio e está aberta a hostaleiros e arquitectos. A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de primeira transformación da madeira, Daniel Villapol, serán os encargados de inaugurar a xuntanza.

O Concello de Lugo dispón dunha liña de axudas para que os hostaleiros renoven o seu mobiliario de terrazas.

Programa da reunión


11.00 h Presentación por Sonia Méndez García, Concelleira Delegada da Área de Economía e Emprego e Daniel Villapol Valea, Presidente da Asociación Provincial de empresarios de primeira transformación da madeira.

11.10 h Prazos das axudas e facilidades para a financiamento. Blanca Cañal García, Directora do Proxecto URBAN do Concello de Lugo

11:20 h Comunicación: Madeira para unha cidade sostible
Relator: Pablo Ferreiro Lorenzo, arquitecto
Técnico da Unidade de Construción do CIS Madeira

11:40 h Comunicación: A protección da madeira.
 Relator: Azahara Soilán Cañás, enxeñeira de montes
 Técnico da Unidade de Construción do CIS Madeira

12:00 h Comunicación: Outras visións do tratamento dos espazos públicos.
Relator: José Manuel Iglesias
Fundador de la empresa Galopín Parques SL

12:20 h Comunicación: Criterios fundamentais de deseño construtivo para solucións con madeira.
Relator: Manuel Guaita Fernández, doutor enxeñeiro agrónomo Catedrático de Universidade no Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior de Lugo

12.40 h Coloquio e peche de xornada




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova