Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello ten listo o expediente para transferirlle á Xunta o Cuartel de San Fernando


# Venres, 07/05/2010


O Concello de Lugo xa ten rematado o expediente para levar a cabo a transferencia do Cuartel de San Fernando á Xunta de Galicia.

Os trámites comezaron hai catro meses e xa están concluídos. Ata o de agora non foi posible efectuar a transferencia debido a un impedimento legal consistente na necesidade de que a Xunta saldara as débedas que tiña pendentes co Concello.

Este feito foille comunicado á Administración autonómica que ten amosado a súa vontade de regularizar a situación para facer posible o traspaso do edificio.

Ese impedimento legal é o único motivo polo que aínda non se efectuou a cesión do edificio.

En todo caso, o Concello está convencido de que a transferencia estará resolta pronto, antes de que chegue a facerse a licitación do Museo da romanización, xa que existe a mellor disposición para efectuar o traspaso como se lle comunicou o pasado luns á Consellería de Cultura.

Ademais, a Administración galega está autorizada a facer todos os traballos e estudos necesarios no Cuartel grazas a un convenio que asinaron hai máis dun ano o Concello e a Xunta.

O Concello considera que ou ben Jaime Castiñeira, o voceiro do Grupo Popular, descoñece as xestións feitas ou tenta poñerlle pegas a un novo proxecto para a cidade, xa que o Cuartel de San Fernando vai ser a sede do futuro Museo da romanización, que vai crear a Xunta na nosa cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova