Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adicou case 250.000 euros a rehabilitar a escola rural de Santa Comba


# Luns, 10/05/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron hoxe as obras que fixo o Concello na Escola Rural de Santa Comba.

O acondicionamento da Escola fíxose con cargo ó FEIL e a fondos do Concello. O investimento con cargo ó fondo estatal foi de 200.000 euros que se adicaron a arranxar o edificio. O Concello adicou 20.000 euros ó acondicionamento exterior, outros 15.000 a mobiliario, ademais do investimento para dotar este centro social da rede Wimax.

A obra de rehabilitación do edificio rematou a finais de decembro pasado e posteriormente fixéronse os traballos de acondicionamento do exterior e reconstruíuse un vello pozo existente diante da vella escola.

O Alcalde amosou a súa satisfacción polo acondicionamento destas instalacións que permitirán dotar ós veciños da zona dun espazo para a convivencia. “Era unha vella aspiración dos veciños de Santa Comba que o Concello cumpriu en canto dispuxo de diñeiro do fondo estatal”.
Tamén explicou o Alcalde que o Concello pretende que “haxa locais sociais en todas as parroquias”. Por este motivo, dixo López Orozco “nos once anos que levo de alcalde rehabilitáronse 31 escolas” con este obxectivo.

En Santa Comba tamén se está a rehabilitar outra escola, situada en Cabanas, para dar servizo ós veciños de Nadela e San Xoán de Pena. Neste caso os traballos fanse a través dunha escola obradoiro. Ademais, o Concello leva a cabo traballos de rehabilitación da escola de Barbaín e ten proxectado facer obras tamén nas de Pedreda e Bocamaos.

Tanto o Alcalde como a Concelleira de Benestar Social salientaron tamén a importancia de que os veciños do rural poidan facer uso de internet nos centros sociais o que lles servirá para facer calquera tipo de trámite.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova