Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo elixe aos gañadores do XII Certame de Narración Curta Ánxel Fole


# Luns, 10/05/2010
O concurso conta con dous premios de 1.000 euros e outros dous de 500 euros

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, participou esta mañá na presentación dos gañadores da XII Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: galego e castelán.

O xurado encargado de elixir aos gañadores estivo composto por: o xornalista Jesús Varela, e os escritores Pablo Núñez e Saturnino Valladares na categoría de castelán; e o escritor e docente Toño Núñez, o profesor Primitivo Iglesias e a profesora Carmen Silva na categoría de galego.

Trátase dun certame que cada ano esperta moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. A Concelleira indicou que cada ano ten un maior número de participantes, nesta edición presentáronse ao concurso de narración curta 47 obras en galego e 50 en castelán.

A Concelleira indicou que, como todos os anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior publicidade ás obras.

Os gañadores foron:

- Primeiro premio en castelán: Encontros e desencontros de Alberto Gómez Aneiros (Santiago de Compostela) o xurado destacou a súa técnica que partindo dun blog crea un relato cunha atractiva tensión narrativa.

- Segundo premio castelán: O sangue que tinxe as rúas de Gottam de Alberto Rodríguez de Ourense do que resaltaron a súa impecable calidade literaria.

O xurado desta edición concedeu un accésit a un relato que sorprendeu polo seu léxico e as riquezas metafóricas titulado A pleitesía do sorriso nas gamelas de Rocío Leira Castro de Cee.

- Primeiro premio en galego foi para Matar a un hombre de María Luisa Frisa Gracia de Zaragoza. O xurado destacou que se trata dun relato histórico ambientado na Guerra Civil e que fai unha homenaxe aos grandes escritores.

- Segundo premio en galego: No solo de frío se tirita de Manuel Luque Tapia, do que valoraron moi positivamente a forte carga emocional do relato.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova