Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta unha nova iniciativa para difundir as ventaxas de realizar os trámites administrativos a través de Internet


# Luns, 10/05/2010


Imaxe Asociada

*A Ventá de Lugo é unha campaña de sensibilización que se levará a cabo no rural e na zona urbana
*O Concello celebrará o día de Internet o 18 de maio

Baixo o lema “Desde a cidade e campo mira pola mesma ventá. Xa todos somos iguais” o Concello de Lugo presenta: A ventá de Lugo, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, co obxectivo de difundir entre os cidadáns da zona rural e da cidade as ventaxas de realizar os trámites co Concello a través de Internet.

Trátase dunha campaña de sensibilización cidadá ao amparo do proxecto i-3: Administración Intelixente promovido polo Concello de Lugo en colaboración co Ministerio de Política Territorial.

A partir do 24 de maio un monitor informará, guiará e a axudará a todos os veciños de Lugo a descubrir as potencialidades da e-Administración (Administración electrónica) e os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegar ás súas vidas.

Realizaranse actividades orientadas a todos os públicos de luns a sábado ata o día 29 de xuño no oitos telecentros rurais da Rede de Telecentros Rurais e o sete quioscos da e-Administración situadas nas diferentes dependencias municipais:

A ventá de Lugo no rural:

Coeses 18 de maio
Calde 24 e 25 de maio
O Veral 26 e 27 de maio
Castelo 28 e 31 de maio
San Pedro de Mera 1 e 2 de xuño
Santa Comba 3 e 4 de xuño
San Xoan do Campo 7 e 8 de xuño
Santa María de Bóveda 9 e 10 de xuño

A ventá de Lugo no urbán:

Uxío Novo Neira 11 e 14 de xuño
Milagrosa 15 e 16 de xuño
Fingoy 17 e 19 de xuño
Lamas de Prado 21 e 22 de xuño
Maruja Mallo 23 e 24 de xuño
Sagrado Corazón 25 e 26 de xuño
Piscinas Pedreiras 28 e 29 de xuño

A Concelleira de Servizos Xerais explicou que é o momento de que todos os veciños descubran os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegar ás súas vidas e os beneficios de realizar diferentes trámites desde as súas casas, traballos ou desde a rúa:

- Solicitar a súa consulta médica
- Coñecer o seu cadro médico
- Coñecer as últimas ofertas de emprego
- Gozar dunha ampla oferta cultura
- Realizar as súas compras online
- Solicitar licenzas de caza e pesca
- Recibir Información dirixida ao consumidor (OMIC)
- Comunicar avisos e incidencias desde as súas casas

Mostraranse as funcionalidades de Tramita na túa casa, que proporcionará á cidadanía unha zona onde poder consultar datos de información persoal que o Concello dispón sobre o mesmo e realizar unha serie de trámites administrativos.

Para participar deberán concertar unha sesión gratuíta chamando ao teléfono 010 do Concello de Lugo ou a través da web www.aventadelugo.es e unha monitora acompañará aos participantes durante toda a sesión para que descubran as ventaxas de realizar os trámites sen moverse de casa.

Presentarase un completo programa formativo integrado por dous niveis Novel e Experimentado que satisfará co seu kit temático as necesidades específicas de cada nivel.

Día de Internet
A Concelleira de Servizos Xerais explicou que o Concello está a preparar unha serie de actividades para celebrar o Día Mundial de Internet, que terá lugar o próximo día 18 de maio.

Ese mesmo día terá lugar a inauguración da Rede de Telecentros do Concello de Lugo.

A Concelleira tamén animou á cidadanía a participar no certame de pintura en rede Pinta con nos.

A temática do concurso será a Muralla de Lugo, que este ano cumpre 10 anos como Patrimonio Mundial. O período para participar no concurso será desde o día 10 ao 14 de maio ás 20:00 horas, ambos inclusive.

As obras estarán expostas no telecentro de Coeses, durante a celebración do Día de Internet, e ese mesmo día fallarase o premio á mellor pintura en rede sendo o gañador obsequiado cun Notebook (ordenador portátil).

Para máis información na páxina www.aventadelugo.es .


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova