Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello celebrou unha xuntaza cos hostaleiros para incentivar o uso da madeira no mobiliario das terrazas


# Martes, 11/05/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta mañá unha Xuntanza organizada polo Concello para promover o uso de madeira galega no mobiliario urbano de terrazas. No encontro participaron hostaleiros, arquitectos e estudantes da Escola de Artes Ramón Falcón.

O Alcalde salientou que esta iniciativa pretende apoiar os sectores madeireiro e da hostalería. Tamén indicou que o sector da madeira “axuda a asentar poboación na Galicia interior, porque dá traballo, ademais de contribuír a conservar o medio ambiente e ó desenvolvemento da provincia”. López Orozco sinalou ademais que se trata de axudar a “interiorizar a importancia deste sector para a construción e para a estética”.

Tocante ó sector hostaleiro, o Alcalde recoñeceu “o esforzo dos hostaleiros por modernizar os seus establecementos e por cumprir a normativa do Plan especial de protección do centro histórico” . Neste sentido, sinalou que o Concello non é partidario de actuar mediante imposicións, senón que sempre tenta chegar a acordos. Orozco tamén animou ós hostaleiros a usar a madeira no seu mobiliario porque “está demostrado que resiste a intemperie e o uso diario”.

No acto de apertura da Xuntanza participaron tamén o Presidente da Asociación Provincial de empresarios de primeira transformación da madeira, Daniel Villapol, e o Presidente da Asociación de Hostalería da provincia de Lugo, Cheché Real.

Tamén interveu na Xornada a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
A reunión organizouna o Concello para difundir as vantaxes do uso de madeira galega nas terrazas. Esta actuación forma parte do Proxecto URBAN (Iniciativa URBANA) do Concello de Lugo, que conta cun 70% de cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova