Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentadas no Concello as Xornadas Artes Escénicas Fingoi 2010


# Martes, 11/05/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a directora de Palimoco teatro, Paloma Lugilde, presentaron esta mañá as 11 Xornadas Artes Escénicas Fingoi 2010.

Basadre salientou a importancia das actividades teatrais nas idades máis novas, “porque é un elemento integrador, axuda a traballar en equipo, fomenta a creatividade e tamén a disciplina”.

As Xornadas vanse celebrar en dúas semanas, do 24 ó 30 de maio 11 de xuño, no Centro de Convivencia Fingoi. Este ano as Xornadas das Artes Escénicas coinciden co 60 aniversario do Colexio Fingoi, como destacou Lugilde. Nelas van participar 19 grupos de toda Galicia e están programadas 18 actuacións.

Ata o día 20 deste mes estará aberto o prazo de inscrición para os colexios que queiran asistir ás funcións. A asistencia será gratuíta. No programa inclúense obras de dramaturgos de distintos estilos. Haberá unha xornada adicada a Hamlet, tamén están previstos espectáculos de danza e cine.

En Xornadas coma estas de teatro afeccionado hai oportunidade de ver a promesas das artes escénicas como foi Alba Fernández que comezou actuando no colexio e hoxe é unha actriz profesional..

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova