Imprimir

O CONCELLO FELICÍTASE POLA LICITACIÓN DA PASARELA DO MIÑO


12/5/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou hoxe a súa satisfacción pola publicación no Boletín Oficial do Estado da licitación do proxecto de terminación das obras de acondicionamento da marxe dereita do río Miño en Lugo.

A resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola que se anuncia a licitación do contrato establece un importe total de 1.737.742,22 euros e un prazo de execución de catro meses.

Con estes prazos, o Alcalde manifestou que “podemos pensar que a obra estará contratada a finais do mes de agosto para que se poda empezar a traballar nela”.

O Alcalde agradeceu as xestións feitas polo presidente da Confederación, Liñares para resolver un problema que “presentaba grandes dificultades” e explicou que a solución “era moi complicada administrativamente tralo concurso de acredores que motivou que a obra tivera que pararse”.

Orozco dixo tamén sentirse “feliz porque era unha obra moi desexada, que permitirá dispor dun paseo duns 16 quilómetros en torno ó río Miño ademais de prestar un gran servizo ós veciños de San Lázaro e ós lucenses que vaian ó Club Fluvial”.