Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado no Concello o II Trofeo Cidade de Lugo e o I IDSF Open Latin Muralla de Lugo


# Mércores, 12/05/2010
A competición terá lugar o domingo 16 de maio no Pavillón de Deportes Municipal

Imaxe Asociada

O Concelleiro de deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, Berta Figueras e Rubén Día da Escola Star Dance presentaron o I IDSF OPEN LATIN Muralla de Lugo, que terá lugar o domingo 16 de maio no Pavillón de Deportes Municipal.

O II Trofeo Cidade de Lugo consiste nunha competición de carácter deportivo a nivel nacional, onde un gran número de parellas de distintos grupos de idade, categorías e de diversas zonas xeográficas do país bailarán co obxectivo de conseguir ascender no ranking nacional.

A competición segue as pautas da Asociación Española de Baile Deportivo e de Competición que divide o Baile Deportivo en dúas modalidades, por unha banda o baile Latinos (Cha Cha Cha, Samba, Rumba, Pasodobre e Jive) e doutra banda os bailes Estándar (Vals Inglés, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quickstep) o que garante un bo repertorio para todos os gustos.

Dentro desta competición contarase este ano cunha novidade, a competición Salsa Associate, unha modalidade da salsa orientado á alta competición deportiva baixo a tutela da Asociación Española de Baile.

Tamén terá lugar o I IDSF Open Latin Muralla de Lugo, unha competición internacional onde participarán parellas de gran nivel deportivo. Así mesmo, esta competición será xulgada por xuíces nacionais e internacionais, todos eles recoñecidos.

Baliarines
Benedetto Capraro e Marta Faiola, Campións do Mundo de Bailes Latinos deleitarán ao público cunha gran exhibición.

A maiores o Club Deportivo Star Dance achegará á competición parellas da nosa cidade, entre elas Adrián e Alicia, finalistas do Campionato de España Latinos 2010 e Campións Galegos 2010 na categoría Youth e, a Aitor e Luisa terceiros no Campionato Galego Junior I. Así mesmo tamén poderemos gozar de exhibicións de Ballet, Hip Hop, Ximnasia Rítmica, Roda Cubana,… a cargo dos alumnos e alumnas do Club Deportivo Star Dance.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova