Imprimir

O CONCELLO SÚMASE ÓS ACTOS DO DÍA MUNDIAL DA FIBROMIALXIA


12/5/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, foi o encargado de ler esta mañá o VII Manifesto da Fibromialxia, un acto co que se conmemorou na nosa cidade o Día Mundial da Fibromialxia.

Tamén estiveron presentes no acto as presidentas de AGAFI, Chus Fauste, e de ALUFI, Mª Luz Somoza, ademais de varias persoas afectadas por esta enfermidade.

No Manifesto os doentes piden “interese, comprensión, respecto, atención profesional de calidade e máis investigación”. Tamén sinalan que “hoxe, 12 de maio de 2010, temos sentimentos contrapostos entre o que avanzamos e o obxectivo final aínda non acadado”. Engaden que “somos conscientes de que debemos seguir loitando para borrar o rexeitamento, a arbitrariedade e as posicións erráticas que persisten enquistadas no sistema e na sociedade”. Ademais din que “defendemos o dereito a ter a mellor calidade de vida posible no seo da nosa sociedade”.

Trala lectura do Manifesto, o Alcalde de Lugo destacou o labor que fan as asociacións de doentes de fibromialxia e animounas a seguir traballando.