Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Praza Maior de Lugo acolle a XXVIII Feira do Libro de Lugo


# Xoves, 13/05/2010
Os stands estarán abertos do 15 ao 23 de maio en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 21.30 horas entre semana e as fines de semana de 11.00 a 14.30 e de 17.30 a 21.30

Imaxe Asociada
O vindeiro sábado 15 de maio arrinca na Praza Maior a XXVIII edición da Feira do Libro, co pregón do escritor Isidro Novo. Así o anunciou esta mañá a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, o organizador da feira, Antonio Fernández Maira, e a directora da feira, Ana Isabel López Fandiño.

Un total de 14 stands conforman a oferta cultural desta edición que conta cun programa cunha serie de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e concursos.

Como en anos anteriores celebraranse actividades musicais, teatrais e recitais literarios a cargo de varios escritores. Tampouco hai que esquecer as presentacións de libros ou mesas redondas sobre diferentes temas literarios.

Como sempre, manteranse os habituais sorteos de lotes de libros.

Nesta edición haberá tamén unha actuación de maxia a cargo do mago Toño e unha actuación de humor co monologuista Danny Boy-Rivera,

A Concelleira lembrou a importancia que teñen actividades como estas para seguir impulsando a lectura tradicional. Ademais, Mundiña explicou que a feira non deixa de ser un evento dinamizador da cultura de primeira orde.

A feira estará aberta ata o domingo 23 de maio en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.30 horas entre semana e as fines de semana de 11.00 a 14.30 e de 17.30 a 21.30 horas.

Día das Letras Galegas
A Concelleira anunciou, ademais, a programación prevista para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, organizada polo Concello. Ás 12:00 horas sairá da Praza do Campo Castelo, da estatua na honra de Anxel Fole, un paseo literario que chegará ata o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

O día 18 de maio, ás 20:00 horas o académico Darío Xohán Cabana expoñerá a súa conferencia-recital sobre Uxío Novoneyra no Salón de Plenos da Casa do Concello.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova