Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo considera que deben dar exemplo ante o axuste


# Xoves, 13/05/2010


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, declarou hoxe que “os políticos que estamos a fronte das institucións tamén temos que facer un sacrificio igual ca os funcionarios nun momento no que, por dicilo nunha linguaxe que se entenda, pintan bastos”.

Orozco explicou que “no Concello de Lugo, o equipo de Goberno xa tomou a decisión de baixarnos os soldos e vaille propoñer a mesma medida á oposición”.

O Alcalde lembrou que no Concello de Lugo “os políticos levamos dous anos co soldo conxelado tamén están conxelados os impostos na cidade para que as familias dispoñan de máis cartos nesta época de crise”.

Sobre o plan de axuste anunciado polo Goberno, Orozco dixo tamén que “son medidas por un tempo, para lograr que a economía española vaia para arriba” e engadiu que “é un sacrificio que paga a pena polo interese xeral”.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova