Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugurou a Feira do Moble de Lugo


# Xoves, 13/05/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, inaugurou esta mañá a Feira do Moble de Lugo que estará aberta ata o domingo no Pazo de Feiras e Congresos.

No discurso que pronunciou, Orozco eloxiou ós organizadores e participantes na Feira neste momento difícil para a economía e desexoulles un bo nivel de vendas.

O Alcalde dixo en ton coloquial que “nun momento no que pintan bastos” hai dúas opcións, agocharse á espera de que pase a situación ou facerlle fronte organizando encontros coma este”. “Dende o Concello de Lugo temos claro que se debe tomar esta segunda opción” dixo o Alcalde. Orozco engadiu que “este é momento de pensar ben as cousas pero non de enrrugarse” e tamén sinalou que “nunca os pesimistas lograron que un pais avanzara” e eso lógrase “dende unha capacidade empresarial que vostedes amosaron nos bos e os malos momentos”.

A Feira do Moble de Lugo reúne máis de 60 empresas, de Galicia, o resto de España e de Portugal.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova