Imprimir

UNHA UNIDADE DE PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DE LUGO COLABOROU NA CONTENCIÓN DUN VERQUIDO NUN AFLUENTE DO RÍO PARGA


13/5/2010 O verquido tivo lugar por mor dun accidente de tráfico na A-6

Cinco voluntarios de Protección Civil do Concello de Lugo actuaron este mediodía nun verquido nun afluente do río Parga producido por un accidente de tráfico na A-6 na zona de Sete Muiños.

O equipo do Concello de Lugo participou na contención do verquido en colaboración coa Confederación Hidrográfica, Tragsa e o Concello de Guitiríz.

A unidade de Protección Civil de Lugo é a única de Galicia que conta coas barreiras de contención de verquidos que se requiren nestos casos.