Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Mago Rafa presenta o seu novo espectáculo Imaginarte dentro da programación de Lugo10


# Venres, 14/05/2010
A actuación terá lugaro o 30 de maio ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e o Mago Rafa, presentaron esta mañá unha nova actuación de ilusionismo que terá lugar o vindeiro 30 de maio na cidade englobada na programación de Lugo10.

Imaginarte é o novo espectáculo do mago lucense que promete sorprender e facer reir con ingredientes de elegancia, ironía e presentacia escénica. Durante noventa minutos o público poderá disfrutar de aparicións e desaparicións, viaxes e escapismos a un ritmo trepidante.

A Concelleira explicou que “se trata dun espectáculo que é unha boa mostra de palabras, imaxinación e arte, orientado ao gran público”.

O mago indicou que se trata do seu espectáculo máis completo, sobretodo no referente á unión das artes, e co que celebrará os meus 10 anos sobre os escenarios. “Pretendemos que todos os que asistan ao espectáculo se convertan en nenos outra vez, e que vexan a función cos ollos da inocencia”. Ademais, o mago agradeceu “o apoio do Concello á maxia de Lugo durante o festival internacional e o resto do ano”.

Imaginarte non deixará a ninguén indiferente, mostrando que a maxia hai que vivila con intensidade e facendo o imposible en posible.

A actuación será ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. As entradas están xa a venda a un prezo de 10 euros no mesón do Forno, na cafetería Kursal e no punto de información do Centro Comercial As termas. O día da función poderán adquirirse as entradas dúas horas antes na taquilla do Auditorio.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova