Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Novas actividades do programa Preto de Ti


# Venres, 14/05/2010


“La bella y la bestia, analise da trasmisión cultural dos modelos amorosos”. É o tema da actividade que se desenvolverá ás sete desta tarde no Centro de convivencia Uxío Novoneyra.
O obxectivo desta actividade, incluída no programa Preto de Ti, é visualizar os estereotipos de xénero e os micromachismos que se dan nesta película e crear un debate entre a mocidade asistente.

Mañá empezan máis actividades

Co lema “Positividade coa música”, mañá e o sábado 29 de maio haberá actividades de lecer e distensión para a muller na Casa da Música de 18.00 a 19.30 horas.
E no Centro de convivencia Maruja Mallo vaise clebrar o Obradoiro: muller autónoma e independente mañá e os días 22 de maio, 12 e 26 de xuño de 10.00 a 12.00 horas.
Para estas dúas actividades hai 15 plazas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova