Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a empresa Laboratorios Nupel asinan un convenio de colaboración no marco de Lugo10


# Venres, 14/05/2010
A empresa financiará con 12.000 euros a programación de celebración do décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Xerente de Laboratorios Asociados Nupel, Jorge Dorribo, asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 para a realización dos actos e actividades que se engloban baixo a marca coa que o Concello de Lugo está a conmemorar o décimo aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

O convenio establece a colaboración para a organización, programación e posta en marcha deste programa cultural, artístico, deportivo, científico, turístico e, sobre todo, social, para o que é precisa a colaboración económica de todos aqueles que queiran sumarse ao proxecto.

Este convenio é unha mostra máis do apoio das forzas vivas da cidade e do conxunto da cidadanía a un proxecto de difusión do patrimonio e a historia de Lugo, que favoreza e potencie a imaxe positiva da cidade tanto dentro como fóra.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceu a colaboración de Laboratorios Nupel en Lugo10 e “o seu compromiso coa cidade ao realizar patrocinios de diferentes eventos que levan o nome de Lugo máis aló das nosas fronteiras”, e engadiu “é unha empresa que pensa en Lugo, por Lugo e con Lugo”.

A empresa colabora coa achega de 12.000 euros para asumir os gastos derivados das actividades realizadas polo Concello na execución do programa Lugo10, actuando así como patrocinador.

A cambio, o Concello de Lugo fará constar a colaboración de Laboratorios Nupel nun lugar prioritario do conxunto de accións incluídas na comunicación global corporativa, como campañas de publicidade e márketing que se leven a cabo.

Así mesmo, o xerente de Nupel recibiu de mans do Alcalde o título de embaixador da Muralla Romana acompañado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional de cerámica.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova