Imprimir

O CONCELLO DE LUGO AMPLÍA O PRAZO DO CERTAME DE DEBUXO DE EDUCACIÓN VIARIA


14/5/2010 Os participantes poderán presentar os seus traballos ata as 13.30 horas do 19 de maio

O Concello de Lugo amplía o prazo de participación do IX edición do concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo destinado a todos os escolares e a estudantes de secundaria e bacharelato de toda Galicia.

Os interesados en participar poderán presentar os seus traballos ata ás 13.30 horas do vindeiro mércores 19 de maio nas oficinas de Rexistro Xeral do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico.

Esta iniciativa municipal está orientada a fomentar unha boa educación viaria entre os nenos e os mozos galegos e convídaos a reflexionar sobre este tema a través dun exercicio de creatividade. O Concello de Lugo quere concienciar e previr dende a infancia para sensibilizar aos cidadáns sobre as boas prácticas viarias.

As bases establecen cinco categorías de participación que comprenden idades de 3 a 17 anos:

Categoría A: para 1º, 2º e 3º de primaria;
Categoría B: para 4º, 5º e 6º de primaria;
Categoría C: para 1º, 2º e 3º de secundaria;
Categoría D: para 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharel;
Categoría E: para Educación Especial