Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial de Internet


# Luns, 17/05/2010
Os telecentros rurais serán os protagonistas da xornada

O Concello de Lugo celebrará mañá, martes 18 de maio, o Día Mundial de Internet no Telecentro Rural de Coeses, que está situado na Antiga Escola desta parroquia. Esta iniciativa está organizada pola Concellería de Servizos Xerais, QUE DIRIXE Luisa Zarzuela, e durante todo o día haberá unha serie de actividades lúdicas dirixidas a tódolos veciños e veciñas de Lugo.

Pola mañá o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e varios membros da Corporación Municipal realizarán unha visita, para inaugurar ás 11:15 horas a Rede de Telecentros Rurais do Concello de Lugo. Despois dende o Telecentro de Coeses, o Alcalde saudará mediante unha videoconferencia aos veciños e veciñas que estarán nos Telecentros de Calde, San Xoán do Campo e Santa María de Bóveda.

Tamén se poderán ver neste Telecentro as obras que participaron no certame de pintura en rede Pinta con nós, que estarán expostas e se visualizarán tamén nunha pantalla. A continuación fallarase o premio á mellor pintura en rede, o nome do gañador desvelarase pola tarde ás 18:00 horas, que será obsequiado cun Notebook (ordenador portátil).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova