Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugura a rede de Telecentros Rurais que da acceso a internet a veciños de oito parroquias


# Martes, 18/05/2010
O Concello pon en marcha este servizo no rural cadrando co Día de Internet

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde falou por videoconferencia dende Coeses con veciños de Calde, San Xoán do Campo e Santa María de Bóveda

O Alcalde, José López Orozco, inaugurou hoxe a Rede de Telecentros Rurais de Lugo nun acto que se celebrou en Coeses ó que asistiron o Subdelegado do Goberno, Vázquez Portomeñe, e os Concelleiros de Asuntos Xerais, Luisa Zarzuela, e de Medio Ambiente e Medio Rural, Lino González Dopeso. Tamén estiveron presentes pedáneos e veciños. O acto completouse cunha videoconferencia na que o alcalde saudou dende Coeses a pedáneos e representantes veciñais de Calde, S. Xoan do Campo e Santa María de Bóveda.

O Concello conmemorou deste xeito o Día Mundial de Internet. O Alcalde destacou que a Rede de Telecentros forma parte do seu obxectivo de lograr que os veciños do rural teñan os mesmos dereitos e oportunidades ca os residentes na cidade . “Hoxe ímonos aproximando a conseguir ese obxectivo” dixo o Alcalde quen lembrou que “o Concello investiu o ano pasado 6 millóns de euros no medio rural”.

No acto López Orozco animou ós veciños a facer uso das posibilidades que ofrece a internet. “Non hai idades, as oportunidades son para todos e hai que aproveitalas” díxolle o Alcalde ós veciños.

Dende hoxe dispoñen de conexión á internet 8 telecentros situados nas parroquias Coeses, Calde, Veral, Castelo, S. Pedro de Mera, Sta. Comba, Bóveda e S. Xoan do Campo.
 
O investimento na primeira fase desta rede de telecentros rurais foi de 124.000 euros. Esta actuación inclúese no proxecto i3 que conta cun investimento de 400.000 euros, cofinanciados polo Goberno central e o Concello a partes iguais.
Este proxecto de adquisición e extensión da banda ancha ampliarase ata unha ducia máis de telecentros nunha segunda fase que suporá un investimento duns 200.000 euros.

Certame Pinta con nós

No telecentro de Coeses permanecen expostas as obras que participaron no certame de pintura en rede “Pinta con nós”, convocado pola Concellería de Servizos Xerais para conmemorar o día da Internet. O premio, consistente nun Notebook presentáronse 34 obras, das que foron admitidas 29. O fallo do xurado coñecerase ás 18.00 horas.

www.aventadelugo.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova