Imprimir

ELEXIDO O GAÑADOR DO CETARME DE PINTURA EN REDE PINTA CON NÓS


18/5/2010 O gañador do concurso será obsequiado cun Notebook

O xurado do Concurso de pintura en rede Pinta con Nós, organizado polo Concello de Lugo con motivo do Día Mundial de Internet, elexiu ao gañador no Telecentro Rural de Coeses.

O premio á mellor pintura en rede foi para Iván Mouronte Barreiro coa súa obra Cálida entrada no centro da cidade. O vencedor do concurso será obsequiado cun Notebook (ordenador portátil).

En total foron 29 pinturas as presentadas ao concurso organizado polo Concello. As obras de todos os participantes estiveron expostas no Telecentro de Coeses ao longo de toda a xornada.