Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE NA CASA DO CONCELLO A UN GRUPO DE EMPRESARIOS DE COLOMBIA


18/5/2010 López Orozco estivo acompañado pola Concelleira de Economía e Emprego

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez,recibiron esta tarde na Casa do Concello a un grupo de once empresarios das cidades colombianas de Bogotá e Medellín.

Os empresarios colombianos están a participar nunha visita á cidade convidados pola Cámara de Comercio e que están a compartir diferentes experiencias en canto aos seus negocios de vinos, licores e alimentos.

O Alcalde faloulles dos “magníficos produtos cos que contamos en Galicia: viños, queixos... produtos que son garantía de calidade no mercado ao levar o selo de feito en Galicia”.

Ademais, López Orozco indicou que “hai que aproveitar que temos a mesma cultura e a mesma lingua para facer un mundo común, España ten que ser a embaixadora de Suramérica en Europa”.

Como lembranza da súa visita o Alcalde entregou aos empresarios un libro sobre Lugo e un pin da Muralla.