Imprimir

O CONCELLO LEMBRA A UXÍO NOVONEYRA CUNHA CONFERENCIA DE DARÍO XOAN CABANA


18/5/2010

O Concello de Lugo lembrou hoxe ó protagonista do Día das Letras Galegas, o poeta Uxío Novoneyra, cunha conferencia que pronunciou o escritor e académico Darío Xoán Cabana.

O Alcalde, José López Orozco, que presentou ó conferenciante destacou “a feliz coincidencia de que Novoneyra foi un gran amigo de Darío Xoán Cabana” e destacou que “é unha sorte para unha cidade ter unha persoa como Darío Xoán Cabana, que ademais de escritor e membro da Real Academia Galega, é un gran traballador e o seu traballo nótase nas publicacións e no que facemos no Concello pola Cultura”.

O acto asistiron varios membros da Corporación municipal, así como o Subdelegado do Goberno.

Na súa disertación, o conferenciante repasou aspectos da vida e da obra de Novoneyra, da súa infancia na aldea de Parada do Caurel que “tiña 200 habitantes cando naceu Novoneyra e agora ten sete”, e dos seus tempos de estudante en Lugo, onde cursou o bacharelato “porque era fillo de labregos ricos” e en Madrid.