Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibiu máis de 300 traballos para o certame de debuxo de educación viaria


# Mércores, 19/05/2010
O xurado do concurso decide mañá día 20 de maio os gañadores

O Concello de Lugo recibiu un total de 311 traballos, de 10 centros de educación de toda Galicia, para a IX edición do concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo.

O xurado elexirá mañá, 20 de maio, no Parque Infantil de Tráfico a partir das 12:00 horas aos gañadores de cada unha das cinco categorías de participación que comprenden idades de 3 a 17 anos:
Categoría A: para 1º, 2º e 3º de primaria;
Categoría B: para 4º, 5º e 6º de primaria;
Categoría C: para 1º, 2º e 3º de secundaria;
Categoría D: para 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharel;
Categoría E: para Educación Especial

O xurado estará composto por: Dolores Vieiro Núñez, Concelleira de Educación, Gonzalo E. León Vázquez, Xefe Provincial de Tráfico de Lugo, Sara Fuenteseca Teijeiro,Coordinadora de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico, Manuel Lamas Castro, Ex-Director da Escola de Artes Ramón Falcón, e José Reigosa García, Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova