Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba o proxecto de expropiación definitivo do Plan Paradai


# Mércores, 19/05/2010
A Xunta de Goberno aprobou as adquisicións necesarias para a remodelación da Praza do Cantiño

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, indicou que a Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá, fóra da orde do día, o proxecto de expropiación definitivo do plan Paradai que contará cun importe total de 185.000 euros.

Méndez indicou que se trata dun proxecto “elaborado da man da Comisión de seguemento do Plan Paradai da Xunta de Galicia, chegando a acordos e negociacións, co que conseguimos salvar 17 edificacións”.

Por iso, a Concelleira indicou que as afirmacións realizadas polo Voceiro do Grupo Municipal do PP soamente poden ter a intención de entorpecer as relacións coa Xunta de Galicia e confundir á cidadanía. En ningún momento o Concello puxo en perigo a execución dos proxectos e, segundo explicou Méndez, “estamos a seguir os prazos de tramitación necesarios”. Os proxectos constructivos foron entregados polo departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o pasado 11 de marzo no Rexistro do Concello, segundo indicou a Concelleira.

Praza do Cantiño

Por outra banda, a Concelleira explicou que a Xunta de Goberno aprobou a adquisición de baixo e espazo libre para executar a remodelación da Praza de Cantiño e a súa conexión co paseo da Muralla, englobada no Plan Urban do Concello de Lugo. Para esta adquisisicón contarase cun orzamento que ascende a 90.000 euros e que inclúe a rehabilitación de elementos como a fachada e o tellado do edificio.

A Concelleira explicou que para levar a cabo esta actuación, hai que adquirir a franxa libre de edificación de 49 m2 da parcela de Cantiño 5 e unha parte de baixo da edificación de Cantiño 7 cunha superficie útil de 19,25 m2, “o que permitirá cumprir co obxectivo do Goberno local para completar o paseo interior da Muralla e abrilo á cidadanía lucense”.

Experiencia europea
Méndez indicou que a Xunta de Goberno aprobou a execución do proxecto “Eurotroco”. Trátase dun proxecto Erasmus para 30 emprendedores lucenses que poderá disfrutar da estadía dun mes en Estocolmo e Florencia. O proxecto conta cunha subvención da Comisión Europea de 40.084 euros e o Concello aporta 10.735 euros.

A Concelleira lembrou que continúa aberto o prazo de inscrición ata o 15 de xuño. Na actualidade xa foron 11 as persoas interesadas en participar no proxecto que permitirá aprender sobre o funcionamento dalgunhas empresas punteiras de Italia e Suecia.

A execución do proxecto será levada a cabo entre febreiro de 2010 e setembro de 2011.

Zona Rural
A Xunta de Goberno celebrada esta mañá aprobou ademais, apertura do procedemento de adxudicación das obras de rexeneración de firmes en zona rural do Concello de Lugo. Esta actuación contará cun orzamento máximo de 198.008 euros e un prazo de execución 5 meses.

As obras levaranse a cabo nas parroquias de Pías, Mazoi, Adai, Outeiro, Camoira, Ombreiro, Bocamaos, Meilán, Tirimol e Torible.

A Concelleira explicou que con este contrato cúmprese coa a necesidade de rexenerar os firmes das pistas de diversas parroquias que están deteriorados, reconstruíndo o firme en todo o seu espesor con limpeza de bordes, cunetas e taxeas, restablecendo a drenaxe lonxitudinal e transversal e evitando así os nocivos efectos da auga sobre as pistas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova