Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA INVISTE 938.000 EUROS PARA MELLORAR O DESAUGUE DO RÍO RATO


# Mércores, 19/05/2010
O Alcalde acompañou ó presidente de Confederación na visita ás obras que rematarán en xullo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
As obras para mellorar o desaugue do río Rato ó seu paso pola cidade de Lugo estarán rematadas no mes de xullo, segundo se anunciou na visita ás obras que efectuaron esta mañá o Alcalde, José López Orozco, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, o presidente da Deputación, José Ramón Besteiro, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe.

O Alcalde manifestou a importancia da colaboración institucional, que fai mellorar á cidade. López Orozco agradeceu a colaboración tanto da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil coma da Deputación provincial. E salientou que o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil contribuiu a que se leve a cabo esta actuación no río Rato, necesaria para evitar asolagamentos na zona en épocas de choiva. Tamén destacou o Alcalde as xestións feitas por Fernández Liñares para resolver o problema existente coa licitación da pasarela do río Miño.

Fernández Liñares salientou que a Confederación Hidrográfica leva investidos 180 millóns de euros na nosa cidade en obras hidráulicas e de medio ambiente.

O proxecto de mellora de desaugue do río Rato que leva a cabo a Confederación Hidrográfica ten un investimento de 983.000 euros e finánciase a través do Plan E. Consiste na construcción dun novo marco de formigón polo que circulará o río Rato debaixo da rúa Serra de Meira.

Os traballos consisten na sustitución das tubaxes para evitar as inundacións en épocas de choiva que causaba o mal estado da canalización existente.
Para poder facer estes traballos desviouse o río mediante unha tubaxe de 315 milímetros de diámetro e cunha lonxitude de 18 metros.

Cando rematen as obras vaise repoñer o firme afectado das rúas Serra de Meira e Paradai de Abaixo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova