Imprimir

O FESTIVAL DE MÚSICA CIDADE DE LUGO XXXVIII SEMANA DO CORPUS CONTINÚA CUN DÚO DE CONTRABAIXO E CLAVE


20/5/2010 Interpretarán tres sonatas para viola da gamba e clave de Bach

Mañá, venres 21 de maio, na Fundación Caixa Galicia, continúa o Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus cunha unha singular combinación de instrumentos: un dúo de contrabaixo e clave.

Os intérpretes son Carlos Méndez (músico donostiarra que actualmente é contrabaixista principal da Real Filharmonía de Galicia e creador e director do único certame organizado en España dedicado integramente ao contrabaixo, o Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher que xa vai pola súa oitava edición) e Fernando López Pan (clavecinista galego formado en Amsterdam e París e mestre no Conservatorio Superior de Música da Coruña).

Xuntos interpretarán as tres sonatas para viola da gamba e clave de Bach: sen dúbida será toda unha experiencia escoitalas coa particular sonoridade do contrabaixo.


Como é habitual no festival, a entrada para o concerto será gratuíta ata completar o aforo da sala.