Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

35 participantes nas accións formativas para desempregados recibiron os seus diplomas


# Xoves, 20/05/2010
Os cursos impartidos versaron sobre xestión financeira de empresas, xestor de solvencia e financiamento empresarial e axente de innovación

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou esta mañá na entrega de diplomas ao alumnado participante en diferentes accións formativas dirixidas a persoas desempregadas. Neste acto que tivo lugar no Centro de Empresas e Innovación participou tamén a Xefa Territorial de presidencia da Xunta de Galicia Marta Barreiro Castro.

Un total de 35 persoas participaron no 2009 nos seguintes cursos:
- Empregado de Xestión Financeira de Empresas (500 horas)
- Xestor de Solvencia e Financiamento Empresarial (430 horas)
- Axente de Innovación (200 horas)

Estas accións formativas contaron cunha subvención da Consellería de Traballo de 129.000 euros.

Probas de selección
Por outra banda, o luns e martes da semana que ven terán lugar no CEI as probas de selección dos participantes nos cursos dirixidos a desempregados do 2010. As especialidades impartidas serán:
- Axente de innovación (200 horas)
- Empregado de Xestión Financeira de Empresas (500 horas)
- Dous cursos de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (650 horas cada un)

Estas actividades formativas comezarán o vindeiro 1 de xuño.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova