Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 2.700 atletas inscribíronse na vindeira proba do X Circuíto de Carreiras Populares Corre Con Nós


# Xoves, 20/05/2010
Será o sábado 22 de maio nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos

O sábado 22 de maio a partir das 17.00 horas terá lugar unha nova proba do X Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre Con Nós.

A carreira terá lugar no circuíto da zona verde do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e contará coa participación de máis de 2.700 atletas.

Horario das carreiras e distancias:

- Categoría Mini: 211 inscritos sairán ás 17:00 horas e percorrerán 480 metros.

- Categoría A: 395 inscritos sairán ás 17:10 horas e percorrerán 880 metros.

- Categoría B: 386 inscritos sairán ás 17:20 horas e percorrerán 1.610 metros.

- Categoría C – D: 264 inscritos, sairán ás 17:30 horas e percorrerán 2.350 metros.

- Categoría ADULTOS: 1488 inscritos que sairán ás 17:40 horas e percorrerán 3880 metros.

Hoxe se pecha o prazo de inscrición para esta carreira previa á gran final de rapaces e rapazas do domingo 6 de xuño ás 12:00 nas Pistas de Atletismo da Cidade Cultural e á final dos Adultos do 13 de Xuño no recinto de Frigsa.

Descargar o percorrido da carreira en pdf

Máis información: deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova